(Este é o xogo que traducín para a LocJAM 6. Atoparás máis información na páxina do evento).

"Sen tempo abondo" é unha breve aventura de apuntar e clicar con arte pixelado. É unha secuela dos xogos Uncle Lee strikes again e Once upon a Möbius strip, pero pode xogarse sen ter probado os outros. A nova receita conta cun 500 % máis de personaxes con respecto ás anteriores entregas!

Xogas coma Inés, unha rapaza de 15 anos que vai de camiño ao lago Fenfef co seu tío. Por desgraza, co tío Lee de por medio, as cousas nunca son sinxelas e acaba perdida no tempo con tan só un dispositivo repararrealidades™ roto.

Unha versión inacabada deste xogo presentouse á Adventure Jam de 2023 e podes atopala aquí.

Como xogar

  • Preme os botóns dereito ou esquerdo do rato para mover á personaxe ou interactuar cos obxectos seleccionados.
  • Os diálogos poden omitirse coa tecla "." (punto). No menú de opcións podes activar a función para omitir os diálogos cos botóns do rato.
  • No menú de opcións podes activar a función de pantalla completa.
  • Mantén premida a tecla ESC para omitir as cinemáticas.

Créditos

  • Andrea Cerbone (Cerbo): textos, arte e animación.
  • Paolo Cotrone (shanisenorchestra): textos e música orixinal.
  • Guiseppe Sellaroll (apici): textos, programación, arte e sons adicionais e deseño da fonte.
  • Isaac Álvarez Veiga (iaveiga): localización.

Notas

  • A libraría de FMOD que usa o xogo produce falsas alarmas con algúns programas antivirus. Poden ignorarse, xa que o xogo non se executa a nivel local (só se executa no servidor).

Esta obra está publicada baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.

A fonte LanaPixel (c) 2020, eishiya (https://mastodon.art/@eishiya) está publicada baixo unha licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Leave a comment

Log in with itch.io to leave a comment.